SABADO 21 - ESPECTACULAR DEGUSTACIÓN DE DUAS PAELLAS XIGANTES

Un dez é a nota ca que os asistentes a festa do mexillón, puntuaron unanimemente as paellas degustadas onte pola noite.


Prezos populares, sen ánimo de lucro, e ca única intención de promocionar o molusco rei de Cabo de Cruz, sumado a esquisitez das paellas elaboradas pola organización, fixo que fora un trunfo seguro.

Caras coñecidas, como a de Joaquín, Parada, Ollero, Nichelo e mesmo Cocó eran as que estaban ó pe dos fogóns.

E como non, unha vez degusta a paella e antes de comezar a bailar, moitos dos asistentes probaron por primeira vez, o xeado de mexillón.



No hay comentarios:

Publicar un comentario